miércoles, 15 de junio de 2016

Semán de dornas

Nestas últimas dúas semáns entráronnos dúas dornas para facer pequenos traballos de mellora na cuberta.


Na dorna A Graña, sustituímos un par de cavernas, cambiamos o banco do cufiño de proa , tamén cambiamos parte da cinta, botamos unhas taboas na cuberta, remozamos a popa e pintamos.

Tamén nos tocou traballar na cuberta da dorna         que ainda que é unha dorna ben nova, xa tiña efectos da podredume en varias táboas. E tamén lle cambiamos unha caverna.





Ponte instalada


Xa rematamos a ponte para o Anxela Uno, un fermoso barco.

Montámolo no barco.

Aquí está xa instalada e a falta de pintar ese engadido que nos pideu o armador, pouco queda para botalo ó mar e que siga o seu rumbo.


Este é o barco uns días antes ca sua ponte vella.


lunes, 4 de abril de 2016

Nova ponte

Estas últimas semáns estamos facendo unha ponte nova para un barco que nos visita asíduamente.

 Vista frontolateral

Vista lateral pola porta de acceso


 Vistas do interior


 Cas portas pechadas


Portas de acceso á máquina e os catres

Dando a imprimación

Costado


Fronte


Fronto-lateral

 Accesos

Pintado ca primeira man

jueves, 9 de julio de 2015

Novo servizo

Queremos informar ós nosos clientes, que dispoñemos dun novo servizo:


LIMPEZA INTERIOR DE EMBARCACIÓNS DE RECREO.
PARA TODAS AQUELAS PERSOAS INTERESADAS, PODEN SOLICITAR UN PRESUPOSTO SEN COMPROMISO.


miércoles, 11 de febrero de 2015

Distribuidores e instaladores de teka sintética


Aparte dos nosos recoñecidos traballos en madeira, cada día son máis os barcos de fibra que utilizan os nosos servizos de varadoiro, e os seus propietarios nos transmiten as súas inquedanzas.

Para dar solucións a clientes que non dispoñen de tempo suficiente para atender distintos elementos do seu barco, estamos traballando dende fai uns meses, con este novo producto que é a teka sintética.

Se alguén está interesado en obter información acerca dél, que contacte connosco.

NOVOS SERVICIOS OFERTADOS